ACADEMIA O.T. 2 A FORZA DESTA VIDA Lyrics

Cando cae a noite en pleno día
e te envolve unha agonía
abandonaste ó desánimo
xa non tes nin o consolo dunha lágrima
choras mares sen poder chorar
cando...

Pensas que esta vida é unha condena
cando máis grande é a pena
dunha dor amarga e tráxica
que lle esvaeceu ó mundo a súa cor máxica
que matou a poesía
a gana de voar.

Sinte nesa dor que xorde das feridas
latendo con furor a forza desta vida
e déixaa crecer e déixate querer
é o alento de enerxía que te convida a renacer.

Sinte latexar o sangue na ferida
e dela xurdirá a forza desta vida.

A forza que ha de consolar
o alento para andar
a razón para loitar.

No camiño máis escuro
e na máis negra agonía
nesa pena inconsolable
cando as noites van máis frías.

Unha forza viva avanza
ben a recoñecerás
unha forza que te impulsa a camiñar
que empurra e non se renderá
non se renderá...

Sinte latexar o sangue na ferida
e dela xurdirá a forza desta vida.

Que non se renderá
que desafiará
mesmo á morte
contra todo loitará
eterna sen vagar.

Sinte nesa dor que xorde das feridas
latendo con furor a forza desta vida.

Que no teu ser ha renacer
poderosamente viva
sentirás o que esta vida é.

É a forza desta vida
A forza desta vida

É a forza desta vida
A forza desta vida

É a forza desta vida
é a forza desta vida...
da túa vida.

See also:

57
57.32
Руслан Зет заврян Lyrics
03 Uf dem anger Lyrics