Os resentidos Galicia canibal Lyrics

Fai un sol de carallo.
Con isto da movida
haiche moito ye-yé
que, de noite e de día,
usa jafas de sol:
¡Fai un sol de carallo!

A matanza do porco
A matanza do porco.-
A berra e un conxunto de berros
dun porco cando o van matar.
San Martiño oficial
de Monforte ó Nepal,
o magosto para agosto,
safaris do porco,
filloas de sangue,
Galicia embutida:
¡Fai un sol de carallo!
¡Galicia caníbal!

Etiopía ten fame
Etiopía ten fame.-
Un parado occidental
sostén un filete.
Un negro deitado,
o negro non lle chega,
arrastra o bandullo.
O parado occidental
sostén o filete;
o parado altivo,
o negro non lle chega.
Doa os teus riles:
un ril á merenda.
Doa os teus riles:
outro ril á cea.

See also:

71
71.14
Yumi Miss You Much Lyrics
Cantores de Chipuco De Yolombó Lyrics