Saraibas Nación Lyrics
Unha fror, un amor, unha alborada,
unha fonte, un río, unha praia,
unha estrela, un camiño, unha alma,
¡Unha Terra, un pobo, unha fala!
A maneira de buscar o noso pan,
unha forma de bailar no noso chan,
muiñeiras, alalás ou foliadas,
¡Unha Terra, un pobo, unha fala!
Un viñedo, un carballo, unha gaita,
a morriña espallada polo mundo,
a muller que na casa está emigrada,
¡Unha Terra, un pobo, unha fala!
Castiñeiros, carballeiras, romerías,
eirexados, mosteiros, gandeirías,
revoldelas, corredoiras embruxadas,
¡Unha Terra, un pobo, unha fala!
O mareiro vento desta costa,
o batir das olas en Fisterra,
un ardente corazón que sinte e cala,
¡Unha Terra, un pobo, unha fala!
See also:
JustSomeLyrics
102
102.61
La Fabri-K La Fabri-K - Cual's 2 kau kau Lyrics
MAGO DE OZZ LA DANZA DEL FUEGO Lyrics