7-Rumboia Lyrics

rumboia

Heime de casar p'ra Castro,
terriña de moita leña,
hei de traguer un feixiño
p'ra cando a Rumboia veña.
Anda Xoana,
árdeche a Troia,
vente comigo,
bailarémo-la Rumboia.
Viva a Rumboia,
Rumboia viva,
viva a Rumboia
anque s__a noite e día.
Miña comadre Polonia,
non vin muller coma ela,
os ósos dállos ó home
a carne cómea ela.
O lindo lindo,
o miña xoia,
imos a Lugo,
bailarémo-la Rumboia.
Viva a Rumboia,
Rumboia viva,
viva a Rumboia,
Rumboia da miña vida.
Tódolos carabineiros
dormen cos pés á xeada,
e de alí ó outro día,
a festa da rumbeirada.
Anda Xoana,
árdeche a Troia,
vente comigo,
bailarémo-la Rumboia.
Viva a Rumboia,
Rumboia viva,
viva a Rumboia
anque s__a noite e día.

See also:

111
111.60
Δέσποινα Βανδή Λυπάμαι Lyrics
The Foundatrions Build Me Up Buttercup Lyrics