Siniestro Total A onde vas rapaz Lyrics

Ende vas rapaz, pregunta miña nai
cando marcho da casa sen ver a televisión
Onde vas rapaz, pregunta o profesor
cando marcho da clase sen dar explicación
Onde vas rapaz, pregunta o meu pai
cando saio pola porta co meu amplificador
e todos os veciños andan a preguntar
¿onde vas rapaz?

Eu vou para o local se teño que berrar
so penso en esquecer as vosas caras de pailáns
no inverno a depresión cúrase con distorsión
no inverno a tristura cúrase con Rock 'n' Roll
a mi tanto me ten o que pensen os demais
eu f__o ruido so para molestar
non penso responder cando volvades preguntar
¿E onde vas rapaz?

¿E onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so quero decibelios eu so quero Rock 'n' Roll
teño todo o dereito a ter esta depresión
aínda que o meu pai dí que non e bo
E onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so penso na desfeita eu so quero destrucción
o ruido afoga os berros do meu pai
"Para quieto neno, iso non se fai!"

¿Onde vas rapaz? pregunta o meu irmán
que tampouco comprende a miña angustia vital
¿Onde vas rapaz? di o municipal
cando o meu carro de bolas corre a mais non dar
¿onde vas rapaz? ¿onde vas rapaz?
¿non poden preguntar algo mais orixinal?
non penso responder cando volvades preguntar
¿E onde vas rapaz?

As veces pregúntome que vou facer
con nada que gañar e todo que perder
as veces pregúntome que vou facer
se de vello son coma vos é mellor morrer
as veces as veces xa non podo mais
o volumen da guitarra está a punto de estoupar
non ó penso baixar nin vos oio preguntar
¿E onde vas rapaz?

¿E onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so quero decibelios eu so quero Rock 'n' Roll
teño todo o dereito a ter esta depresión
aínda que o meu pai dí que non e bo
E onde vas rapaz? sempre a mesma canción
eu so penso na desfeita eu so quero destrucción
o ruido afoga os berros do meu pai
"Para quieto neno, iso non se fai!"

See also:

17
17.84
Linkin Park Runaway (11-09 Version) Lyrics
Florin Salam Ma intreb iubirea mea Lyrics